25 novembro - 18 decembro 2025

Achegamento práctico á arte contemporánea

Imagen del curso Achegamento práctico á arte contemporánea, impartido por Pilar Romero en NORMAL, Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña, donde se muestra a un grupo de personas atendiendo a las explicaciones del artista sobre su obra.
Promovido por:
Espacio Peculiar
Impartido por:
Pilar Romero
Duración:
12 horas (8 sesións de 1,5 horas)
Lugar:
NORMAL, Campus Universitario Riazor
Inscrición:
Universidade da Coruña (ata 24 de outubro de 2025)
Ir á páxina de inscrición
Descrición
Inmersión práctica na arte contemporánea a través do contacto directo con artistas e espazos de creación da Coruña. O curso combina contidos teóricos, dinámicas participativas e visitas a estudos e exposicións, favorecendo unha comprensión crítica e próxima da creación actual. O alumnado aprenderá a identificar, interpretar e comunicar manifestacións artísticas, conectándoas con outros ámbitos do pensamento contemporáneo.
ObXeCtivos
  • Explorar a variedade de formas, contextos e discursos da arte contemporáneo a través das prácticas de artistas da Coruña de recoñecida traxectoria, cos que dialogar e coñecer de primeira man as súas motivacións, intereses, procesos e outros detalles.
  • Enriquecer a capacidade de análise, empatía e respecto a outras realidades mediante dinámicas de grupo que permitan comprender o poder da arte para ofrecer diferentes perspectivas sobre temas universais.
  • Ampliar temáticas e imaxinar novos sentidos que dialoguen con outras áreas académicas e profesionais, como a filosofía, a ciencia, a arquitectura e a investigación.
  • Romper a barreira invisible que separa a arte contemporánea do público xeral para tomar conciencia de que é un elemento accesible, dotado de significado e que pode ser gozado e comprendido por todas as persoas.
Programa

MÓDULO I – 1 sesión teórica

Por que a arte contemporánea non é algo que poda facer o teu fillo

Contido teórico apoiado pola proxección de imaxes e dinamizado con técnicas de pregunta-resposta e dinámicas grupais.

   1. Introdución: nocións básicas sobre a arte contemporánea
       1. Que entendemos por arte contemporánea
       2. A mediación como estratexia de achegamento

   2. A arte contemporánea: algúns casos de estudio
        - Fountain (1917), de Marcel Duchamp
        - Iberia (1958), de Robert Motherwell
        - Man from Naples (1982), de Jean-Michel Basquiat
        - Comedian (2019), de Maurizio Cattelan
        - O caso das mulleres artistas

MÓDULO II - 5 sesións prácticas

Achegamento á práctica contemporánea na Coruña: cinco artistas

Celebración de charlas e visitas a estudos de artistas da cidade. Manuel Lariño, Héctor Francesch, Lara Pintos, Juan Lesta e Iria do Castelo falarannos sobre a súa traxectoria, motivacións e detalles do seu traballo.

MÓDULO III - 2 sesións prácticas

Achegamento á arte contemporánea mediada: dúas exposicións

Visitas comentadas a dúas exposicións de arte da cidade, nas que se tratarán cuestións como a selección de obras, a súa orde e os materiais que se preparan para contribuír á súa comprensión.

Desenvolvemento

O curso constou de oito sesións celebradas entre o 25 de novembro e o 18 de decembro de 2025 e foi seguido de forma continuada por dez persoas. Tres destas sesións desenvolvéronse na aula 2.5 da Normal e as demáis sucederon noutros lugares da cidade.

O obradoiro comezou o 25 de novembro coa clase teórica correspondente ao Módulo I, “Por que a arte contemporánea non é algo que poda facer a túa filla”. A través de varios exemplos de obras dos últimos tempos, expuxéronse algunhas características que contribúen a definir a arte contemporánea e comentáronse algunhas obras de arte tan icónicas como incomprendidas ou polémicas. A sesión rematou abordando o tema da mediación como estratexia de achegamento ás obras.

O Módulo II, “Achegamento á práctica contemporánea na Coruña: cinco artistas”, iniciou a serie de encontros coa sesión celebrada o 27 de novembro e consistíu na visita do artista audiovisual Juan Lesta a Normal, quen nos falou sobre a súa traxectoria e presentou algúns dos seus traballos más significativos.

A terceira sesión levouse a cabo o 2 de decembro coa visita ao estudio do artista plástico Héctor Francesch. Arredor das súas ferramentas de traballo e da súa obra orixinal, Francesch compartíu a súa evolución artística desde os seus inicios ata a actualidade, e explicou o seu proceso creativo á vez que remataba nunha das súas últimas pezas.

O 4 de decembro tivo lugar a cuarta sesión co encontro en Normal co artista dixital Manuel Lariño, quen expuso a súa traxectoria e a súa incursión no ámbito da arte xenerativa a través dalgunha das súas obras máis recentes.

A quinta sesión, celebrada o 9 de decembro, levouse a cabo no estudio da pintora Lara Pintos, quen falou dos seus intereses e motivacións artísticas, así como dos conceptos que sustentan o seu traballo pictórico amosados a través dalgunhas pezas orixinais.

Na sexta sesión, o 11 de decembro, intercalouse a primeira sesión do Módulo III, “Achegamento á arte contemporánea mediada: dúas exposicións”, que nos levou a visitar a sala 6 do Museo de Belas Artes da Coruña, adicada ás obras da colección propia creadas no século XX. Esta sala, con máis de 80 obras de máis de 30 artistas entre os que se atopaban Carlos Maside, Manuel Colmeiro, Luís Seoane, Urbano Lugrís, Molezún, Caruncho ou Elena Gago, permitíu comentar a narrativa que soportaba a mostra, a cantidade e orde das obras, e os espazos entre elas, deténdonos asimesmo a comentar algunhas obras emblemáticas.

O 16 de decembro tivo lugar a última sesión do Módulo II, na que visitamos o estudio da artista Iria do Castelo, que expuxo as súas motivacións artísticas, a súa bagaxe como ilustradora e escultora e concretou estas cuestións amosando algunhas das súas pezas orixinais.

Por último, o 18 de decembro realizouse unha visita guiada á mostra “Compromiso con el arte. Colecciones Abanca y Fundación Bancaja”, na sede de Afundación A Coruña, cunha reflexión posterior sobre las narrativas vistas nas salas, a disposición das obras e os artistas presentes. Con esta sesión douse por clausurado o obradoiro.

Galería